Galería Caixanova - Listado de pintores, que nalgún momento expuxeron a súa obra no museo Caixanova. Amósanse as obras pertencentes a Colección de Caixanova, e danse datos bibliográficos dos autores.
Pintor das paisaxes Galegas, nas súas acuarelas tenta captar, máis que os lugares, a atmósfera que os rodea. Están realizadas en paraxes onde o espíritu inúndase de paz e de tranquilidade.
Nado en Vigo no 1925 e finado en Vigo no 1982. Arquitecto de profesión, realizou obras importantes en Vigo e noutras cidades de Galicia. Foi un debuxante irónico, mordaz, cáustico ás veces.
Nado en Pontevedra no 1968. A plástica de Alberto Barreiro é unha combinación de elementos que incorporan inxenios de última xeración, como o vídeo e o ordenador, ou a fotografía na pintura.
Nado en A Coru?a no 1935. A súa estética fluctúa desde un neorrealismo persoal ata a abstracción case absoluta, que o emparentarían con Kandinsky e con Dubuffet.
Nado en A Coru?a no 1930 e finado en A Coru?a no 1993. É un investigador da luz. A súa materia é sobria, delgada e cimenta o seu traballo nun debuxo preciso.
Nado en A Coru?a no 1931. Precoz foi a vocación plástica deste personalísimo artista xa que dende neno se viu ambientado por súa nai, a pintora Pilar Escudero, e mais por seu avó, o escultor Escudero.
Nado en Noia, A Coru?a no 1943. Vive a súa nenez na vila natal xunto ó Océano Atlántico. Ós dezasete anos trasládase a Barcelona. O xove galego ten unha vocación definida pero non un oficio concreto, atravesando dificultades na grande cidade ata que en 1967 realiza a súa primeira exposición.
Nado na Coru?a no ano 1927, chega a Bos Aires no ano 1952, e foi na Arxentina onde escomeza a súa máis importante laboura nas áreas do debuxo e a pintura nos principais centros na colectividade galega.
Unha das máis sobranceiras figuras da pintura galega, co?eceu Berganti?os da man da obra pondaliana. O seu amor por esta terra quedou para a posteridade na Casa do Pescador de Malpica.